Sede electrónica Concello de Bergondo

07:03:29 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria da selección 2 prazas de Peónas

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, dúas prazas de peona durante doce
meses de acordo coa subvención concedida ao abeiro da Orde de 27 de decembro de 2023
publicada no DOG nº 13, de data 18/01/2024 (código do procedemento SI461A).

O prazo de presentación e entre os días: 11 al 17 de xuño de 2024 (ambos incluídos).

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, hai que pinchar no botón [Entrar];.
    Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.
  • Forma presencial. Requírese CITA PREVIA chamando á oficina de Emprego e Desenvolvemento local (981-791252 ext. 4) en horario de 9:00 a 14:30 h. Cubrir o formulario de SOLICITUDE, imprimir e xuntar a documentación requerida.
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Fotocopia do título esixido no apartado b).
  • Documentos xustificativos dos méritos que se aleguen para o concurso.

Valoraranse os seguintes méritos:

A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 6 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada coa categoría de
Peón/na (xardinería, carpintería, albanelería, limpeza de praias ou forestal): 0,10 puntos por
mes, ata un máximo de 6 puntos.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos, ou como se sinala a continuación para a empresa privada; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.
Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

A.2 Cursos, ata un máximo de 5 puntos:
De formación:
- Cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por
unha Administración Pública ou entidade pública ou homologadas por elas:
– De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.
– De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.
– De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.
Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por
curso.
A acreditación dos cursos efectuarase mediante copia dos correspondentes certificados ou diplomas expedidos por calquera Administración Pública ou entidades públicas ou homologadas por elas. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas. 

A.3. Antigüidade no prazo establecido no último parágrafo do artigo 6 da Orde de
27/12/2023, ata un máximo de 4 puntos.
– Dende 24 ata 18 meses de antigüidade á data de presentación da oferta: 4 puntos.
– Menos de 18 ata 12 meses de antigüidade á data de presentación da oferta: 3 puntos.
– Menos de 12 ata 6 meses de antigüidade á data de presentación da oferta: 2 puntos.
– Menos de 6 meses de antigüidade á data de presentación da oferta: 1 puntos.

Nome: Convocatoria da selección 2 prazas de Peónas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Non ten taxas.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.