Sede electrónica Concello de Bergondo

07:26:35 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o exercicio económico 2024.

Non hai convocatorias abertas actualmente

O fin destas bases é establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais da veciñanza do concello de Bergondo.: 

Prazo de presentación do 18 de abril ata o 16 de maio.

Prazo de xustificación máximo ata o 30 de novembro.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As entidades que concorran á presente convocatoria deberán presentar os seguintes modelos normalizados:

  • Modelo 1: solicitude.
  • Modelo 2: designación de conta bancaria. Non será necesario adxuntalo se non sufriu modificacións.
  • Modelo 1: solicitude.
  • Modelo 2: designación de conta bancaria. Non será necesario adxuntalo se non sufriu modificacións.

Xustificación

A data límite para a presentación da documentación requerida non poderá exceder do 30 de novembro de 2024.

O procedemento para presentar a seguinte documentación debidamente cuberta, será a través da achega de documentación complementaria:

    E no caso de ser necesarios:
  • Modelo 4: modelo de recibín para profesores e/ou monitores.
  • Modelo 5: modelo para gastos de viaxe (so para as actividades que se desenvolvan fora do termo municipal, como consecuencia de intercambios deportivos ou culturais, ou pola participación en campionatos). Os gastos de viaxe, terán que vir unidos ao xustificante da actividade.

Nome: Subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o exercicio económico 2024.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Entidades sen fins de lucro

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Tasas/impostos: Non

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal