Sede electrónica Concello de Bergondo

20:06:22 Mércores 27 de setembro 2023
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente unha solicitude para praza de novo ingreso na escola infantil municipal curso 2023-2024.

Convocatoria Ordinaria: do 3 ao 25 de abril (BOP)

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, hai que pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e achegar o MODELO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO e o ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS, debidamente cubertos, así como o resto da documentación requerida.
  • Forma presencial, no Rexistro Xeral do Concello no horario de 9:00 a 14:00. Cubrir o formulario MODELO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO, e o ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS. Imprimir ambos e achegar a documentación requerida (ver apartado Documentación).

        IMPORTANTE: deberás acudir con CITA PREVIA.

  Podes solicitala chamando ao 981 79 12 52 ext. 2, ou a través do formulario da sede electrónica: https://sede.bergondo.gal/scx/gl/cita/index.html

Se tes algunha dúbida sobre a documentación, horarios, servizos, etc., antes de presentar a solicitude, podes chamar ao teléfono de Servizos Sociais 981 79 12 52, ext 4

MODELO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO NA EIMB

  • No caso de solicitudes presenciales, este modelo presentaráse acompañado do Anexo.
  • No caso de solicitudes telemáticas, este modelo presentaráse como anexo á Solicitude que se xenera de forma automática.

ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS

Documentación xeral

  • Libro de familia.
  • DNI do pai/nai/representante legal.
  • Volante de empadroamento do Concello de Bergondo (no caso de non autorizar a consulta)
  • Certificado de empresa que xustifique o posto de traballo no termo municipal de Bergondo.
  • Volante de empadroamento do outros concellos se fose o caso.

Documentación que xustifica a situación sociofamiliar

  • Sentencia de separación ou divorcio (si e o caso).
  • Certificado de convivenza que será tramitado polo Concello (no caso de familias monoparentales).
  • Certificado de familia monoparental expedido pola Xunta de Galicia.
  • No caso de ruptura de parella de feito con fillos: sentencia sobre medidas paterno filiales ou no seu defecto o convenio regulador.
  • Documento que xustifique a acollida do/a menor (si e o caso).
  • Certificado do grado de discapacidade de aqueles membros da unidade familiar afectados pola discapacidade física, psíquica ou sensorial.
  • Libro de familia numerosa.
  • Orden de Protección ou da Medida Cautelar para víctimas de violencia de xénero.
  • No caso de nenos/as con necesidade específica de apoio educativo ou integración, o informe do equipo de valoración e orientación da Delegación.

Documentación que xustifica a situación socioeconómica e laboral da unidade familiar:

  • Certificado do INEM o pai e/ou a nai no caso de estar en situación de desemprego na que conste data da antigüedade.
  • Informe da vida laboral actualizado.
  • Certificación da declaración do IRPF das persoas físicas da unidade familiar (año 2021).
  • Os non obrigados a declarar e que non solicitaron devolución presentarán certificación de datos da Axencia Tributaria.
  • Calquer outra documentación na que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.

Nota: Se tes algúnha dúbida sobre a documentación, horarios, servizos, etc., antes de presentar a solicitude, podes chamar ó teléfono dos Servizos Sociais 981 79 12 52, ext 4