Sede electrónica Concello de Bergondo

00:52:07 Venres 27 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas extraordinarias apoio ao pagamento da vivenda habitual e das facturas de enerxía eléctrica e térmica

Non hai convocatorias abertas actualmente

As consecuencias socieconómicas da actual crise distribúense de forma desigual na poboación, aumentando os niveis de pobreza e exclusión social de aqueles colectivos máis vulnerables.
Para facer fronte ás consecuencias da crise e a paliar o seu impacto económico e social, esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas para o pagamento da vivenda habitual e das facturas de enerxía eléctrica e térmica ás familias máis vulnerables do Concello de Bergondo.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 21 de outubro ata o 18 de novembro, ambos os dous incluídos.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de forma telemática a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00h a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

  • Solicitude: Anexo
  • Fotocopia do D.N.I. da persoa que presenta a solicitude e figura como titular do contrato de alugamento ou do préstamo hipotecario.
  • Fotocopia do contrato de alugamento ou fotocopia do préstamo hipotecario segundo o caso.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2021.
  • Certificado de conta bancaria da que a persoa solicitante sexa titular.
  • Xustificación bancaria do pagamento do alugueiro ou o préstamo hipotecario referido ás mensualidades para as que se solicita a axuda. No caso de que o xustificante sexa un recibo deberán constar, como mínimo, os seguintes datos; datos identificadores da persoa arrendadora, datos identificadores da persoa inquilina, identificación da vivenda, contía abonada, mes ao que se refire o pagamento e referencia expresa a que a mensualidade está pagada.
  • Xustificación do pagamento facturas de enerxía eléctrica e térmica para as que se solicita a axuda.
  • De ser o caso, xustificación da redución de ingresos en máis dun 50%.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento colectivo.
  • Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra integrante da súa unidade de convivencia é propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España no caso de solicitar a axuda ao alugamento  e dunha segunda vivenda no caso de optar pola axuda ao préstamo hipotecario.
  • Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra integrante da súa unidade de convivencia ten parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda.
  • Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
  • Calquera outra documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos.

Nome: Solicitude de axudas extraordinarias apoio ao pagamento da vivenda habitual e das facturas de enerxía eléctrica e térmica.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial