Sede electrónica Concello de Bergondo

04:45:31 Martes 15 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2023-24)

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto da presente convocatoria favorecer o acceso ós centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder ós mesmos.

Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, e establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do beneficiario e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado, segundo o baremo que figura nas bases da convocatoria (a distancia mínima para percibir a axuda é de 1 km)

O prazo de presentación de solicitudes: dende o 2 de agosto ata o 13 de outubro.

A efectos de xustificar a axuda concedida, o concello de Bergondo comprobará que os/as estudantes a destinaron para a finalidade para a que foi concedida.

Para elo, os beneficiarios deberán presentar unha vez finalizados os estudos e, como máximo, ata o 15 de setembro de 2024, algún dos seguintes documentos:

  • Certificado que acredite que se presentaron, como mínimo, ao 50% das materias nas que se estaba matriculado. Preferiblemente este documento será expedido polo centro de estudos correspondente. No caso contrario, admitirase copia do boletín de notas ou do expediente académico no que se acredite esta circunstancia.
  • Certificado de asistencia ao centro escolar durante o curso 2023-2024.

A xustificación realizarase dende o trámite ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ou, opcionalmente no rexistro xeral do concello de Bergondo a través de cita previa, que se poderá solicitar:

  • ANEXO I: Solicitude. Que incluirá declaración responsable de:
  • Ser certos os datos que figuran na presente solicitude e, no seu caso, a documentación que se xunta, e que esta última é fiel copia dos orixinais.
  • A veracidade dos datos bancarios.
  • Coñecer e aceptar e comprometerse ao cumprimento das bases reguladoras e a convocatoria da axuda así como cumprir os requisitos esixidos na mesma.
  • Non percibir ningunha outra axuda económica para o mesmo fin, que cubra na súa totalidade os gastos de desprazamento.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obriga por reintegro de subvencións, e autorizar ao concello de Bergondo para que realice as comprobacións oportunas durante o período que dure o proceso.
  • No caso de que sexa necesario, haberá que presentar a acreditación da representación mediante o modelo ANEXO II.
  • Fotocopia do DNI. No caso de presentala en convocatorias anteriores, se non se modificou a mesma, non será necesaria a súa presentación.
  • Fotocopia do certificado do número de conta bancaria.
  • No caso de presentala en convocatorias anteriores, se non se modificou a mesma, non será necesaria a súa presentación.
  • O número de conta non deberá cancelarse nin modificar a súa titularidade ata que non se perciba o importe da axuda.
  • O número de conta deberá ser do estudante. No caso de que o estudante non dispoña dela poderá poñerse a do pai, nai ou representante legal; entendendo que o estudante autoriza (se este fóra maior de idade) ao concello a realizar o ingreso nesa conta.
  • Certificado ou acreditación de estar matriculado/a no actual curso académico. Preferiblemente este documento será expedido polo centro de estudos correspondente. No caso contrario, admitirase fotocopia do resgardo da matrícula e do pago das taxas correspondentes.

Esta documentación non será necesaria para os/as matriculados/as na escola infantil municipal de Bergondo.

Nome: Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2023-24)

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Tasas/impostos: Non.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                  Presencial

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal