Sede electrónica Concello de Bergondo

08:48:24 Domingo 16 de agosto 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza nas actividades de envellecemento activo para o curso 2026-2027

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento xestionar as solicitudes de inscrición nas actividades de envellecemento activo do Concello de Bergondo para o curso 2026-2027.

Cartel informativo 

O prazo para presentar as solicitudes de praza é dende o 7 ao 10 de setembro de 2026, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaránse neste formulario, na sede electrónica municipal ou presencial no Departamento de Servizos Sociais.

Listaxes provisionais: O día 14 de setembro publicaranse na web do concello e no taboleiro de anuncios do Departamento de Servizos Sociais.

Reclamacións ás listaxes provisionais: 15 e 16 de setembro.

Sorteo público e publicación das listaxes definitivas: Se hai máis solicitantes que prazas, realizarase un sorteo público, nos Servizos Sociais, o 17 de setembro ás 10.00 h.

Inscricións e pago* das actividades: do 23,24 e 25 de setembro.

* As actividades teñen un custe de 1,00€/hora

Se rematado este prazo, as persoas admitidas non realizan a inscrición, serán substituídas polas que figuran na lista de reserva.

  • Solicitude (Anexo I).
  • De ser o caso, acreditación de incorrer nalgún destes casos para a reducción da cota:
    • 50% para familias numerosas.
    • 50% para persoas inscritas no Programa de Voluntariado dos Servizos Sociais Municipais.
    • 50% ou 100% para aquelas persoas que, previo informe de Área de Benestar Social, acrediten circunstancias persoais, sociais ou económicas que xustifiquen a aplicación desta medida.
    • 50% para as persoas que acrediten debidamente a súa situación de desemprego, ou ben no caso de menores de idade cando ambos proxenitores ou titor/a da persoa participante o acrediten. Para acreditar esta situación, deberá presentarse xunto coa solicitude un documento acreditativo da inscrición como demandante de emprego, emitidos polo servizo público de emprego e cunha data comprendida dentro do período de preinscrición.
      • As persoas que soliciten a redución da cota deberán achegar a correspondente documentación acreditativa no momento de formalizar a inscrición.

Nome: Solicitude de praza nas actividades de envellecemento activo para o curso 2026-2027.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.

Nota: Se tes algúnha dúbida sobre a documentación, horarios, servizos, etc., antes de presentar a solicitude, podes chamar ó teléfono dos Servizos Sociais 981 79 12 52, ext 4