Sede electrónica Concello de Bergondo

10:32:09 Sábado 27 de xullo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza nas actividades de envellecemento activo para o curso 2023-2024

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento xestionar as solicitudes de inscrición nas actividades de envellecemento activo do Concello de Bergondo para o curso 2023-2024.

Cartel informativo 

O prazo para presentar as solicitudes de praza é dende o 11 ao 15 de setembro de 2023, ambos os dous incluídos.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaránse no enderezo servizos.sociais@bergondo.gal, neste formulario, na sede electrónica municipal ou presencial no Departamento de Servizos Sociais.

 

Listaxes provisionais: O día 19 de setembro publicaranse na web do concello e no taboleiro de anuncios do Departamento de Servizos Sociais.

Reclamacións ás listaxes provisionais: 20 e 21 de setembro.

Sorteo público e publicación das listaxes definitivas: Se hai máis solicitantes que prazas, realizarase un sorteo público, nos Servizos Sociais, o 22 de setembro ás 10.00 h.

Inscricións e pago* das actividades: do 25 ao 29 de setembro.

* As actividades teñen un custe de 1,00€/hora

Se rematado este prazo, as persoas admitidas non realizan a inscrición, serán substituídas polas que figuran na lista de reserva.

  • Solicitude (Anexo I).
  • De ser o caso, acreditación de incorrer nalgún destes casos para a reducción da cota:
    • Título de familia numerosa.
    • Inscrición no Programa de Voluntariado dos Servizos Sociais Municipais.
    • Para aquelas persoas que se consideren desfavorecidos, informe da Área de Benestar Social.
    • Acreditación na que figure debidamente estar nos rexistros do paro. Para acreditar dita situación, deberáse entregar xunto coa solicitude un xustificante da oficina de emprego cuxa data coincida co período de preinscrición.
  • Nos casos en que as persoas teñan dereito á redución de cota, deberán achegar o xustificante correspondente no momento da inscrición.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento.Título de familia numerosa.

Nome: Solicitude de praza nas actividades de envellecemento activo para o curso 2023-2024.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.

Nota: Se tes algúnha dúbida sobre a documentación, horarios, servizos, etc., antes de presentar a solicitude, podes chamar ó teléfono dos Servizos Sociais 981 79 12 52, ext 4