Sede electrónica Concello de Bergondo

01:06:38 Venres 27 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria do proceso selectivo de estabilización 2022 (Concurso-oposición)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é a cobertura da plaza de OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS, código RPT: 04.01.00.03, incluida na Oferta de emprego público extraordinaria 2022 para a estabilización de emprego temporal, aprobada por Resolución de Alcaldía número 543/2022, do 18 de maio, e publicada no BOP núm. 97 do 24 de maio de 2022 e no DOG núm. 101 do 27 de maio de 2022, polo sistema de concurso-oposición.

Plazo para la presentación de instancias: dende o 14 de marzo ao 12 de abril, ambos incluidos.

Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón “Iniciar trámite”. Cubrir o formulario e achegar a documentación requirida.

Forma presencial: Requírese cita previa chamando ao Rexistro Xeral Municipal (981-791252 ext 2) en horario de 9:00 a 14:30, Encher o formulario de SOLICITUDE , imprimilo e achegar documentación requirida.

  • Modelo xeral de solicitude de participación en proceso selectivo.
  • Anexo á solicitude de participación [Código praza RPT: 04.01.00.03]. Inclúe as declaracións e o compromiso, de ser o caso, para no suposto de ser proposto para o correspondente nomeamento como funcionario de carreira, de prestar xuramento ou promesa, no modo que prevé o Real decreto 707/1979, do 5 de abril.
  • Copia do DNI ou documento equivalente (No caso de presentación telemática pola sede electrónica no propio nome non será preciso achegar este documento).
  • Copia do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada.
  • Copia do título de Lingua galega Celga 3 ou título equivalente debidamente homologado.
  • Relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos destes segundo se detalla na Base 5ª.2.1 das bases xerais da convocatoria. Só se terán en conta para a fase de concurso os méritos debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, dentro do prazo de presentación de solicitudes; e non serán obxecto de toma en consideración e valoración, os que se acheguen con posterioridade ao remate do dito prazo, que serán considerados como achega de nova de documentación fóra de prazo.
  • Xustificante acreditativo do pagamento dos dereitos de exame (14 euros) na conta bancaria do Concello de Bergondo: IBAN ES95 2080 0045 9831 1000 0071. En todo caso, no documento acreditativo do ingreso dos dereitos de exame deberán figurar nome, apelidos e DNI da persoa aspirante, e o código e praza á que concorre a persoa interesada.

Nome: Convocatoria do proceso selectivo de estabilización 2022 (Concurso-oposición).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.