O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, doce prazas de socorrista (un/ha deles/as como xefe/a de praia) durante 90 días.
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
O prazo de presentación e: do ata o (ambos incluídos).
FASE DE OPOSICIÓN.
A oposición constará dun exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistente en superar proba(s) de aptitude física para comprobar a existencia da capacidade necesaria para o desempeño das funcións propias do posto que se van a realizar e que se levaranse a cabo no lugar e data a determinar na lista definitiva de candidatos/as admitidos/as e excluidos/as. O contido desta proba ou probas determinarase tamén na resolución que aprobe a citada lista definitiva de candidatos/as e a composión do tribunal. Está proba calificarase como APTO/A ou NON APTO/A:
As persoas aspirantes concorrerán provistos do seu DNI ou documento fidedigno
acreditativo da súa identidade e dos medios materiais necesarios para a práctica das probas, e serán convocadas en chamamento único, quedando excluídos da oposición as que non comparezan, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo Tribunal.
A orde de actuación das persoas candidatas será o que resulte do sorteo ao que se refire o Decreto 95/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
FASE DE CONCURSO:
Valoraranse os seguintes méritos para socorrista soamente daqueles/as candidatos/as que obtiveran a calificación de APTO/A:
A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados: ata un máximo de 6 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada como socorrista: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.
Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.
A.2 Cursos: ata un máximo de 5 puntos:
A maiores, valoraranse os seguintes méritos para Xefe de Praias:
B.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados: ata un máximo de 6 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada como xefe de praias ou posto de natureza análoga: 0,15 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.
Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.
B.2.–Outros méritos: ata un máximo de 6 puntos.
Nome: Convocatoria de 12 socorristas (un/ha deles/as como xefe/a de praia) durante 90 días.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.