Sede electrónica Concello de Bergondo

03:06:12 Mércores 6 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Volante de empadroamento

O volante de empadroamento é un documento de carácter informativo que indica a residencia así como outros datos relativos ó empadroamento. Para a maoría dos trámites abonda con presentar o volante de empadroamento, quedando o certificado para trámites moi específicos.

Presentarase o volante de empadroamento, entre outros nos seguintes casos:

  • Expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • Matriculación de vehículos.
  • Bonos de piscina, axudas de Servizos Sociais, axudas escolares, servizos de transporte, etc.

Ou en xeral calquera trámite no que non se esixa expresamente o certificado de empadroamento.

Procesamento en liña

Se o cidadán ten un certificado electrónico, pódese acceder a través do botón de "Iniciar trámite". Neste caso non ten que presentar documentos suplementarios.

Procesamento non telemático

Outra opción para o cidadán é presentarse no Concello solicitar o/os impreso/s correspondentes e realizar a petición do seu volante de empadroamento.

  • Solicitude de volante de empadroamento.
  • Cando o solicitante e o/os interesado/s para o que se solicita o volante non estivesen empadroados no mesmo domicilio:
  1. Autorización para a representación. No caso de que sexa para unha persoa maior de idade distinta do solicitante, e que non figure empadroado no mesmo domicilio, debe achegarse autorización asinada autorizando a representación.
  2. Para o caso de menores non emancipados, maiores incapacitados ou persoa falecida, que non figuren empadroados no mesmo domicilio que o solicitante, deberase achegar documentación acreditativa de ostentar a tutela legal e/ou do parentesco: Libro de Familia, declaración de herdeiros, autorización do representante legal, etc.

Nome: Volante de empadroamento.

Unidade tramitadora: Padrón habitantes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Taxas/Impostos:
Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.