Sede electrónica Concello de Bergondo

01:18:07 Venres 27 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento de "Solicitude de tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.

A tarxeta de estacionamento só a poden tramitar as persoas que tendo certificado de discapacidade, teñan recoñecida a dificultade para a utilización de transportes públicos e serve para que poidan aparcar nos sitios reservados para persoas con discapacidade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida (Anexo I).
  • Certificado de discapacidade. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou polos doutras comunidades autónomas, indicando o grao de discapacidade e dicindo expresamente que á persoa se lle recoñecen as dificultades para utilizar transporte público.
  • No caso de representación achegar a declaración responsable (Anexo II).
  • 1 Fotografía tamaño carné.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Benestar Social.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo máximo notificación resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.