Sede electrónica Concello de Bergondo

15:36:23 Luns 13 de maio 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións municipais a deportistas Individuais para o exercicio económico 2023

É obxecto da presente convocatoria establecer os criterios e o procedemento de concesión de becas a deportistas de alto nivel do Concello de Bergondo, menores de 35 anos e/ou que non sexan deportistas máster, para o ano 2023, coa finalidade de facilitar a práctica deportiva e a competición de alto nivel, valorando así a súa especial dedicación ao deporte, sendo conscientes das dificultades que conleva; así como promover a difusión do noso concello en eventos deportivos de carácter nacional ou internacional.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 30 de setembro ata o 14 de outubro.

O Prazo de xustificación máximo ata o 20 de novembro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ou, opcionalmente no rexistro xxeral do concello de Bergondo a través de cita previa, que se poderá solicitar:

  • Anexo 1: SOLICITUDE, da subvención a deportistas individuais do Concello de Bergondo, ano 2023. Xunto coa seguinte documentación:
  • Fotocopia do DNI e, no caso de ser necesario, documento que acredite a representación legal.
  • Fotocopia da licenza federativa do ano 2023.
  • Certificado acreditativo ou nº do DOG ou BOE da condición de deportistas de alto nivel galego ou nacional.
  • Certificado da federación de estar nalgún centro de tecnificación ou programa de tecnificación autonómico ou nacional no ano 2023.
  • Deberá presentarse un certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións/concentracións, datas e resultados acadados no ano 2022 e/ou 2023.
  • Anexo 2: ALTA DE DATOS DE TERCEIROS. Se xa se presentou outros anos, non teñen que presentalo este ano, a non ser que haxa algún cambio.

PARA A XUSTIFICACIÓN (ata o 20 de novembro)- No caso de realizalo a través da sede electrónica, hai que empregar o trámite achega de documentación.

  • Anexo 3: XUSTIFICACIÓN, da subvención a deportistas individuais do Concello de Bergondo, ano 2023.
  • O certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións/concentracións, datas e resultados acadados no ano 2023.
  • Certificado da federación de estar nalgún centro ou programa de tecnificación autonómico ou nacional, especificando o enderezo do centro de tecnificación.
  • Cargo bancario ou acreditación inequívoca do pagamento tanto das facturas como dos recibos ou nóminas.
  • Certificado da federación onde se acredite que a federación recibiu por parte do interesado a cantidade que corresponda, por gastos de licenza federativa, gastos de inscricións en competicións, federación, etc. Este certificado debe vir con conceptos e gastos desagregados.
  • Certificado acreditativo ou nº do DOG ou BOE da condición de deportistas de alto nivel galego ou nacional.
  • A publicidade onde figure que o Concello de Bergondo subvenciona o proxecto deportivo como deportista individual fotos, prensa, vídeo, publicacións en redes sociais...).
  • Que se achega reportaxe fotográfico do proxecto realzado como deportista individual.
  • Facturas ou demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, nos termos establecidos legalmente. Xuntarase ademais cargo bancario ou acreditación inequívoca do pagamento tanto das facturas como dos recibos ou nóminas.
  • Anexo 4: RELACIÓN DE DOCUMENTOS XUSTIFICATIVOS DOS GASTOS REALIZADOS.
  • Anexo 5: GASTOS DE VIAXES E DIETAS.
  • Anexo 6: RECIBÍ.

Nome: Convocatoria de Subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2023.

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/Impostos: Non.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                     Presencial

Máis información: cultura.deportes@bergondo.gal