Sede electrónica Concello de Bergondo

07:23:36 Venres 13 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do programa de Entrega de Libros (Axudas Xenéricas) 2024-2025

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto da presente convocatoria regular o programa de entrega de libros de texto (axudas xenéricas) para educación infantil e 1º e 2º de educación primaria” para o curso escolar 2024-2025, a través da que se entregarán libros aos solicitantes que cursen:

1º ou 2º de Educación Primaria no CPI Cruz do Sar.

Educación Infantil no CRA de Bergondo; unicamente nas escolas que empregan libros de texto.

A finalidade deste programa é colaborar coas familias do municipio no esforzo económico que o comezo do curso ocasiona, complementando a axuda da Xunta de Galicia.

Por tanto, aqueles solicitantes que non realicen a solicitude de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar da Xunta de Galicia, quedarán
excluídos deste programa.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 6 de xuño ata o 3 de xullo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ou, opcionalmente no rexistro xeral do concello de Bergondo a través de cita previa, que se poderá solicitar:

Preferiblemente cubrindo o formulario de atención presencial con cita previa na seguinte ligazón (https://sede.bergondo.gal/gl/cita/index.html)

Opcionalmente no número 981 791 252 (ext.2)

A documentación a presentar será a seguinte:

  • Modelo de solicitude.
  • Fotocopia do DNI dos pais, nais ou representantes legais.
  • Fotocopia do DNI do/a menor (se o ten). Se non o ten, presentarase fotocopia do libro de familia.

Nome: Solicitude do programa de Entrega de Libros (Axudas Xenéricas) Curso 2024-2025.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Persoas físicas.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Non

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal