Sede electrónica Concello de Bergondo

03:02:04 Xoves 31 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de desistencia ou renuncia

Toda persoa interesada pode desistir dunha solicitude ou renunciar aos dereitos da mesma, cando iso non estea prohibido polo ordenamento xurídico, mediante este trámite de desistencia ou renuncia.

A desistencia consiste en abandonar a solicitude e o procedemento iniciado; a renuncia consiste en abandonar o dereito que se pretende facer valer a través dela. A desistencia limita os seus efectos ao procedemento e non á pretensión que se formula; mentres que a renuncia recae sobre a pretensión.

Coa desistencia déixase sen efectos a solicitude presentada, é dicir, dáse por non presentada dita solicitude.

A desistencia só poderá ser admitida de presentarse antes de resolverse a solicitude. Pode consultar o estado da súa solicitude accedendo ao apartado As miñas Xestións.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Solicitude.

Nome: Solicitude de Desistencia ou Renuncia.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.