Sede electrónica Concello de Bergondo

07:10:15 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2024-25)

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto da presente convocatoria favorecer o acceso ós centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder ós mesmos.

Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, e establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do beneficiario e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado, segundo o baremo que figura nas bases da convocatoria (a distancia mínima para percibir a axuda é de 1 km)

O prazo de presentación de solicitudes: 

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ou, opcionalmente no rexistro xeral do concello de Bergondo. Para a presentación presencial recoméndase solicitar cita previa:

O prazo de solicitudes sería dende o 29 de Xullo ata o 11 de outubro de 2024.

  • ANEXO I: Solicitude. Que incluirá declaración responsable de:
    • Ser certos os datos que figuran na presente solicitude e, no seu caso, a documentación que se xunta, e que esta última é fiel copia dos orixinais.
    • A veracidade dos datos bancarios.
    • Coñecer e aceptar e comprometerse ao cumprimento das bases reguladoras e a convocatoria da axuda así como cumprir os requisitos esixidos na mesma.
    • Non percibir ningunha outra axuda económica para o mesmo fin, que cubra na súa totalidade os gastos de desprazamento.
    • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obriga por reintegro de subvencións, e autorizar ao concello de Bergondo para que realice as comprobacións oportunas durante o período que dure o proceso.
  • No caso de que sexa necesario, haberá que presentar a acreditación da representación mediante o modelo ANEXO II.
  • Fotocopia do DNI. No caso de presentala en convocatorias anteriores, se non se modificou a mesma, non será necesaria a súa presentación.
  • Fotocopia do certificado do número de conta bancaria.
  • No caso de presentala en convocatorias anteriores, se non se modificou a mesma, non será necesaria a súa presentación.
  • O número de conta non deberá cancelarse nin modificar a súa titularidade ata que non se perciba o importe da axuda.
  • O número de conta deberá ser do estudante. No caso de que o estudante non dispoña dela poderá poñerse a do pai, nai ou representante legal; entendendo que o estudante autoriza (se este fóra maior de idade) ao concello a realizar o ingreso nesa conta. No caso de que o estudante sea maior de idade deberá cubrirse o ANEXO III.
  • Certificado ou acreditación de estar matriculado/a no actual curso académico. Preferiblemente este documento será expedido polo centro de estudos correspondente. No caso contrario, admitirase fotocopia do resgardo da matrícula e do pago das taxas correspondentes.

Esta documentación non será necesaria para os/as matriculados/as na escola infantil municipal de Bergondo.

Nome: Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2024-25)

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Tasas/impostos: Non.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                  Presencial

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal