Sede electrónica Concello de Bergondo

04:45:56 Martes 16 de xullo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas extraordinarias municipais de apoio ao pagamento da vivenda habitual

Non hai convocatorias abertas actualmente

As consecuencias socieconómicas da actual crise distribúense de forma desigual na poboación, aumentando os niveis de pobreza e exclusión social de aqueles colectivos máis vulnerables.

Para facer fronte ás consecuencias da crise e a paliar o seu impacto económico e social, esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas para o pagamento da vivenda habitual ás familias máis vulnerables do Concello de Bergondo.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de forma telemática a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00h a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

O prazo para presentar a solicitude será dende o 4 de outubro ao 2 de novembro.

  • Solicitude (Anexo I)
  • Fotocopia do D.N.I. da persoa que presenta a solicitude e figura como titular do contrato de alugamento ou do préstamo hipotecario.
  • Fotocopia do contrato de alugamento ou fotocopia do préstamo hipotecario segundo o caso.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2022, ou xustificante de ingresos da unidade de convivencia referidos a ese ano.
  • Certificado de conta bancaria da que a persoa solicitante sexa titular.
  • Xustificación bancaria do pagamento do alugueiro ou o préstamo hipotecario referido ás mensualidades para as que se solicita a axuda. No caso de que o xustificante sexa un recibo deberán constar, como mínimo, os seguintes datos; datos identificadores da persoa arrendadora, datos identificadores da persoa inquilina, identificación da vivenda, contía abonada, mes ao que se refire o pagamento e referencia expresa a que a mensualidade está pagada.
  • De ser o caso, xustificación da redución de ingresos en máis dun 50%.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento colectivo.
  • Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra integrante da súa unidade de convivencia é propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España no caso de solicitar a axuda ao alugamento e dunha segunda vivenda no caso de optar pola axuda ao préstamo hipotecario.
  • Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra integrante da súa unidade de convivencia ten parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda.
  • Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.

Calquera outra documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos.

Nome: Solicitude de axudas extraordinarias municipais de apoio ao pagamento da vivenda habitual.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial