Sede electrónica Concello de Bergondo

01:56:13 Mércores 6 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2024-2025

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto desta convocatoria regular as axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo, que consisten na subvención de libros e/ou parte do material escolar para o curso 2024-2025.

O prazo para a presentación da solicitudes é dende o 6 de xuño ao 3 de xullo, ambos os dous incluídos.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00 a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.

  • Solicitude (Anexo I)
  • Fotocopia do D.N.I. do membro da familia que solicite en nome do/da alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2022, ou xustificante de non tela presentado, cando en virtude da lexislación vixente non se estea obrigado/a facela.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento.
  • De non autorizar á consulta, xustificante acreditativo de estar matriculado nalgún dos centros públicos do termo municipal.
  • Outra documentación que sexa necesaria por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.

Nome: Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2024-2025.

Unidade tramitadora: Ensino.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial