Sede electrónica Concello de Bergondo

07:01:33 Luns 11 de decembro 2023
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas económicas extraordinarias de apoio aos gastos de consumo enerxético

Non hai convocatorias abertas actualmente

As consecuencias socieconómicas da actual crise distribúense de forma desigual na poboación, aumentando os niveis de pobreza e exclusión social de aqueles colectivos máis vulnerables.
Para facer fronte ás consecuencias da crise e a paliar o seu impacto económico e social, esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas para o pagamento das facturas de enerxía eléctrica e térmica ás familias máis vulnerables do Concello de Bergondo.

O prazo de presentación e dende o 2 ata o 30 de outubro, ambos incluidos.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de forma telemática a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00h a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

  • Solicitude: Anexo
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2022, se é o caso.
  • Certificado de pensións do INSS, se é o caso.
  • Xustificante de ser beneficiario/a do IMV, de ser o caso.
  • Xustificante de ser perceptor/a da Risga, de ser o caso.
  • Certificado de conta bancaria da que a persoa solicitante sexa titular.
  • Xustificación do pagamento e facturas de enerxía eléctrica e térmica para as que se solicita a axuda.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento colectivo.
  • Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
  • Calquera outra documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos.

Nome: Solicitude de axudas económicas extraordinarias de apoio aos gastos de consumo enerxético.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial