O procedemento de "Denuncia" ten por obxecto articular o dereito da veciñanza a formular unha denuncia ante a entidade local.
Por denuncia enténdese o acto polo que calquera persoa, en cumprimento ou non dunha obrigación legal, pon en coñecemento dun órgano administrativo a existencia dun determinado feito que puidese xustificar a iniciación de oficio dun procedemento administrativo.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha denuncia.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Denuncia.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: Tres meses.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.