Sede electrónica Concello de Bergondo

07:26:39 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria do proceso selectivo de estabilización 2022 (Concurso)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é a cobertura das prazas relacionadas:

Código Relación de Postos de Traballo Denominación
01.01.00.02 Oficial administrativo de contratación
01.02.00.01 Auxiliar de arquivo
02.01.00.02 Oficial administrativo
02.02.00.01 Técnico medio
03.01.00.01 Arquitecto
03.02.00.01 Técnico de administración xeral
03.02.00.03-03.02.00.04 Oficial administrativo
06.01.00.02 Traballador/a social
06.01.00.03 Técnico de apoio social
06.01.00.04 Técnico de integración social
07.01.00.02 Animador/a cultural
07.01.00.03 Técnico de xuventude e educación
07.01.00.04 Oficial administrativo
07.01.00.05 Oficial administrativo
07.02.00.01 Auxiliar administrativo biblioteca
04.00.00.01 Capataz
04.01.00.01 Operario de servizos varios
04.02.00.01-04.02.00.02 Operario de servizos varios
06.01.00.06 Conserxe Centro Médico
06.02.00.01-06.02.00.02-06.02.00.03-06.02.00.04 Auxiliar de axuda no fogar
07.03.00.01-07.03.00.02-07.03.00.03 Conserxe
07.03.00.04 Limpador/a

 

incluida na Oferta de emprego público extraordinaria 2022 para a estabilización de emprego temporal, aprobada por Resolución de Alcaldía número 543/2022, do 18 de maio, e publicada no BOP núm. 97 do 24 de maio de 2022 e no DOG núm. 101 do 27 de maio de 2022, polo sistema de concurso.

Prazo para a presentación de instancias: dende o 14 de marzo ao 12 de abril, ambos incluidos.

Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón “Iniciar trámite”. Cubrir o formulario e achegar a documentación requirida.

Forma presencial: Requírese cita previa chamando ao Rexistro Xeral Municipal (981-791252 ext 2) en horario de 9:00 a 14:30, Encher o formulario de SOLICITUDE , imprimilo e achegar documentación requirida.

  • Modelo xeral de solicitude de participación en proceso selectivo.
  • Anexo á solicitude de participación. Inclúe as declaracións e o compromiso, de ser o caso, para no suposto de ser proposto para o correspondente nomeamento como funcionario de carreira, de prestar xuramento ou promesa, no modo que prevé o Real decreto 707/1979, do 5 de abril.
  • Copia do DNI ou documento equivalente (No caso de presentación telemática pola sede electrónica no propio nome non será preciso achegar este documento).
  • Copia das titulacións requiridas que habiliten para o acceso á praza solicitada.
  • Copia do título de Lingua galega Celga requirido ou título equivalente debidamente homologado.
  • Relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos destes segundo se detalla na Base 5ª das bases xerais da convocatoria. Só se terán en conta para a fase de concurso os méritos debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, dentro do prazo de presentación de solicitudes; e non serán obxecto de toma en consideración e valoración, os que se acheguen con posterioridade ao remate do dito prazo, que serán considerados como achega de nova de documentación fóra de prazo.
  • Xustificante acreditativo do pagamento dos dereitos de exame correspondentes na conta bancaria do Concello de Bergondo: IBAN ES95 2080 0045 9831 1000 0071. En todo caso, no documento acreditativo do ingreso dos dereitos de exame deberán figurar nome, apelidos e DNI da persoa aspirante, e o código e praza á que concorre a persoa interesada.

Nome: Convocatoria do proceso selectivo de estabilización 2022.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.