Convocatoria pública para o acceso a unha praza de Oficial administrativo, da escala de administración xeral, subescala administrativa (OEP 2023).
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
Os extranxeiros aos que se refire o apartado anterior relativo aos funcionarios, así como extranxeiros con residencia legal en España, poderán acceder como persoal laboral.
En cumprimento do sinalado no artigo 1.3 da Lei 17/1993, do 23 de decembro, as bases específicas de cada convocatoria establecerán que prazas quedan reservadas para aspirantes de nacionalidade española.
A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas con discapacidade cos demáis aspirantes, non podéndose fixar, con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adaptándose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este fin, os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas, aplicándose, a tal efecto, o establecido na Orde PJC/804/2025, de 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de medios e tempos e a realización de outros axustes razoables nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. Para estes efectos, os tribunais poderán requirir informe ou colaboración doutros órganos administrativos ou da administración sanitaria.
A condición de discapacidade, o seu grao e a súa compatibilidade co exercicio das funcións da praza, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida polo organismo competente.
Forma telemática (preferente): unha vez dentro, hai que pinchar no botón [Entrar];.
Cubrir o formulario e achegar ao mesmo a documentación requirida na Base 3ª.3 das bases xerais reguladoras das convocatorias das prazas incluidas nas OEP 2023, 2024 e 2025.
Poderán tamén presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O período de presentación de instancias será entre os días 21 de novembro ao 19 de decembro de 2025 (ámbolos incluídos).
No caso de pagamento da taxa mediante transferencia bancaria á conta indicada, non será preciso achegar o modelo de autoliquidación. O documento acreditativo do ingreso dos dereitos de exame deberán figurar nome, apelidos e DNI do/da aspirante, e praza á que concorre a persoa interesada.
Nome: Convocatoria pública para o acceso a unha praza de Oficial administrativo, da escala de administración xeral, subescala administrativa(OEP 2023).
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.