O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, dúas prazas de peón/na durante nove meses de acordo coa subvención concedida ao abeiro da Orde de 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025.
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
O prazo para a presentación de solicitudes vai dende o 29 de maio ata o 4 de xuño.
Valoraranse os seguintes méritos:
A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 6 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada coa categoría de Peón/na (xardinería, carpintería, albanelería, limpeza de praias ou forestal): 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos, ou como se sinala a continuación para a empresa privada; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.
Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.
A.2 Cursos, ata un máximo de 5 puntos:
De formación:
Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.
A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 5 puntos.
A acreditación dos cursos efectuarase mediante copia dos correspondentes certificados ou diplomas expedidos por calquera Administración Pública ou entidades públicas ou homologadas por elas. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas.
Nome: Convocatoria para a Contratación de 2 peóns socorristas (Aprol Rural).
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Segúndo a normativa.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado da normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.