Sede electrónica Concello de Bergondo

10:44:37 Sábado 10 de maio 2025
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria de 8 socorristas (un deles como xefe de praias)

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, oito prazas de socorrista (un/ha deles/as como xefe/a de praia) durante 90 días.

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, hai que pinchar no botón "Iniciar Trámite". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.
  • Forma presencial. Requírese CITA PREVIA chamando á Rexistro Xeral (981-791252 ext. 2) en horario de 9:00 a 15:00 h. Cubrir o formulario de SOLICITUDE, imprimir e xuntar a documentación requerida.

O prazo de presentación e: do 8 ata o 16 de maio (ambos incluídos).

  • Fotocopia do D.N.I.
  • Fotocopia dos títulos esixidos nos apartados c) e d) anteriores.
  • Documentos xustificativos dos méritos que se aleguen para o concurso.

FASE DE OPOSICIÓN.
A oposición constará dun exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistente en superar proba(s) de aptitude física para comprobar a existencia da capacidade necesaria para o desempeño das funcións propias do posto que se van a realizar e que se levaranse a cabo no lugar e data a determinar na lista definitiva de candidatos/as admitidos/as e excluidos/as. O contido desta proba ou probas determinarase tamén na resolución que aprobe a citada lista definitiva de candidatos/as e a composión do tribunal. Está proba calificarase como APTO/A ou NON APTO/A:
As persoas aspirantes concorrerán provistos do seu DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e dos medios materiais necesarios para a práctica das probas, e serán convocadas en chamamento único, quedando excluídos da oposición as que non comparezan, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo Tribunal. 
A orde de actuación das persoas candidatas será o que resulte do sorteo ao que se refire o Decreto 95/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

FASE DE CONCURSO:
Valoraranse os seguintes méritos para socorrista soamente daqueles/as candidatos/as que obtiveran a calificación de APTO/A:

A.1.– Experiencia profesional ou servizos prestados: ata un máximo de 6 puntos.

Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada como socorrista: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

A.2 Cursos: ata un máximo de 5 puntos:

a) Cursos de galego:

  • Celga 3 (curso de Iniciación da Lingua Galega): 0,25 puntos.
  • Celga 4 (curso de perfeccionamento da Lingua Galega): 0,50 puntos

Só se avaliará o de nivel máis alto dos alegados.

    b) De formación: cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por unha administración ou entidade pública ou homologadas por elas:

  • De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.
  • De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.
  • De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.
  • Curso de Desfibrilador Semiautomático (DESA) en vigor: 1 punto.

Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.

A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 5 puntos.

A acreditación da realización dos cursos de galego farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación, e a dos demais cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por esta. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas senón se xustifica a homologación sinalada.

A maiores, valoraranse os seguintes méritos para Xefe de Praias:

B.1.– Experiencia profesional ou servizos prestados: ata un máximo de 6 puntos.

Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada como xefe de praias ou posto de natureza análoga: 0,15 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

B.2.– Outros méritos: ata un máximo de 6 puntos.

  • Ser voluntario/a dunha Agrupación de voluntarios de protección civil, cunha antigüidade mínima de 2 anos e ter rexistrada actividade nos anos 2020 e/ou 2021 e/ou 2022 e/ou 2023 (co curso básico de protección civil acreditado): 2 puntos.
  • Estar en posesión do título de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER) ou titulación profesional equivalente que habilite para o manexo de embarcacións da oitava listaxe destinadas ao salvamento ou rescate: 2 puntos.

Nome: Convocatoria de 8 socorristas (un deles como xefe de praias)

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.