O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, unha praza de peón/na durante nove meses de acordo coa subvención concedida ao abeiro da da Orde do 22 de xaneiro do 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede a súa convocatoria para o exercicio 2026.
O prazo de presentación de instancias: do 8 ata o 14 de maio de 2026.
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
Valoraranse os seguintes méritos:
A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 6 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada coa categoría de Peón/na (xardinería, carpintería, albanelería, limpeza de praias ou forestal): 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos, ou como se sinala a continuación para a empresa privada; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.
Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.
A.2 Cursos, ata un máximo de 5 puntos:
De formación:
A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 5 puntos.
A acreditación dos cursos efectuarase mediante copia dos correspondentes certificados ou diplomas expedidos por calquera Administración Pública ou entidades públicas ou homologadas por elas. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas.
Nombre: Contratación 1 peón/na durante nueve meses al amparo del Programa Aprol Rural 2026.
Inicio del procedimiento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Tasas/impuestos: No tiene tasas.
Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.