Convocatoria pública para o acceso a unha praza de Técnico/a de cultura e deportes, da escala de administración especial, subescala técnica.
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
Forma telemática (preferente): unha vez dentro, hai que pinchar no botón [Entrar];.
Cubrir o formulario e achegar ao mesmo a documentación requirida na Base 3ª.3 das bases xerais reguladoras das convocatorias das prazas incluidas nas OEP 2023, 2024 e 2025.
Poderán tamén presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O período de presentación de instancias será dende o15 de Outubro ata o 11 de Novembro de 2026 (ámbolos incluídos).
No caso de pagamento da taxa mediante transferencia bancaria á conta indicada, non será preciso achegar o modelo de autoliquidación. O documento acreditativo do ingreso dos dereitos de exame deberán figurar nome, apelidos e DNI do/da aspirante, e praza á que concorre a persoa interesada.
Nome: Convocatoria pública para o acceso a unha praza de Técnico de Cultura e Deportes, da escala de administración especial, subescala Técnica (OEP 2024).
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.