Queda suxeita ao réxime de comunicación previa a colocación de rótulos e carteis. Quen promove comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe comunicar a colocación de rótulos ou carteis.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Solicitude de comunicación previa para colocación de rótulos e carteis.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.