Sede electrónica Concello de Bergondo

09:48:10 Venres 14 de agosto 2026

Información

SECRETARÍA

13/08/2026

APROBACIÓN DEFINITIVA DE ESTUDO DE DETALLE

EXP: 2025/U051/000002

Aprobación definitiva do Estudo de Detalle para o reaxuste de alineacións e rasantes e ordeación de volumes en parcela comercial no Polígono Industrial de Bergondo. Expediente 2025/U051/000002.

O Pleno do Concello de Concello de Bergondo, en sesión ordinaria do 30 de xullo de 2026, aprobou defintivamente o Estudo de Detalle para o reaxuste de alineacións e rasantes e ordeación de volumes en parcela comercial no Polígono Industrial de Bergondo

O contido íntegro do Estudo de Detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias do Departamento de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello no enderezo: https://sede.bergondo.gal/sxc/es/informacion/ e co seguinte enlace de descarga: https://sede.bergondo.gal/etc/L01150085/2025U051000002/ispac5473601933860751603.zip

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosoadministrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito


Xustificantes de Publicación: