Sede electrónica Concello de Bergondo

23:17:55 Domingo 17 de maio 2026

Información

SECRETARÍA

15/05/2026

APROBACIÓN INICIAL DE ESTUDO DE DETALLE

EXP: 2025/U051/000002

Anuncio da aprobación inicial do Estudo de Detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes na parcela comercial do Polígono Industrial de Bergondo con nic 9262902NH5996S0001ID

Expediente 2025/U051//000002

A Xunta de Gobierno Local, en sesión ordinaria do 14 de maio de 2026, aprobou inicialmente o Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes na parcela comercial do Polígono Industrial de Bergondo con nic 9262902NH5996S0001ID redactado polo arquitecto Jesús Fernández Carballal, promovido por SOOS GLOBAL MACHINE SOLUTIONS S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación íntegra do Estudio de detalle poderá consultarse no seguinte enlace de descarga: https://sede.bergondo.gal/etc/L01150085/2025U051000002/ispac9220869618240933793.zip

ou mediante consulta nas oficinas do Departamento de Urbanismo deste Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.


Xustificantes de Publicación: