APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS, SENDA FLUVIAL DO RIO MAIOR
EXP: 2019/U035/000002
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o xoves 30 de outubro de 2025, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de Infraestruturas e Dotacións- Senda Fluvial do Río Maior, redactado e asinado dixitalmente pola enxeñeiro de camiños, canles e portos Dna. Ana Adelina López López, Cerne Ingeniería SA, e presentado no concello o 17 de outubro de 2025, con núm. de rexistro de entrada 202599900003696, complementado coa documentación achegada o 21 de outubro de 2025, con núm. rexistro de entrada 202599900003739, e o 22 de outubro de de 2025, con núm. rexistro de entrada 202599900003756.
O documento íntegro do Plan Especial pode descargarse na seguinte URL: https://sede.bergondo.gal/etc/L01150085/2019U035000002/ispac12332099699508363680.zip