Incoación de expediente de investigación camiño OU 8 do Inventario de bens
EXP: 2025/X998/000027
Instruíndose, polos servizos competentes deste Concello, expediente de investigación do camiño incluido no Inventario de Bens, baixo o epígrafe 1.4 Vías Públicas Rústicas, referencia OU-8, núm. de inventario: 1.4.000026, sen referencia catastral actual, publícase o presente anuncio, por prazo de 15 días, en trámite de audiencia, a fin de que quen puidese terse por interesados no devandito expediente, poidan comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións teñan por conveniente. E abrir trámite de información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao que deba darse por terminada a publicación dos anuncios no taboleiro da Corporación, para que as persoas afectadas polo expediente de investigación poidan alegar por escrito canto estimen conveniente ao seu dereito ante a Corporación, acompañando todos os documentos en que funden as súas alegacións