Sede electrónica Concello de Bergondo

03:12:42 Domingo 19 de maio 2024

Información

ALCALDÍA

24/04/2024

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á ELABORACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO PÚBLICO DE TAXI

EXP: 2024/G013/000001

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas, con carácter previo á elaboración desta norma, substánciase esta consulta pública para solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas acerca de: a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación. c) Os obxectivos da norma. d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

O prazo é de 20 días hábiles contados dende o seguinte a esta publicación.


Xustificantes de Publicación: