Sede electrónica Concello de Bergondo

01:05:38 Sábado 15 de maio 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o exercicio económico 2021.

O fin destas bases é establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais da veciñanza do concello de Bergondo.

Poderán solicitar subvencións as entidades públicas ou privadas, que, cumprindo ó prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que reúnan ademais os seguintes requisitos:

  • Estar incluídas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais (REMAV) do Concello de Bergondo, ou polo menos ter feita a solicitude para a inclusión neste Rexistro en data anterior á solicitude da subvención. Non obstante, para resultar beneficiaria, será requisito imprescindible que no momento da concesión da subvención, a Asociación xa estea debidamente inscrita no REMAV.
  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención.
  • No caso de ser beneficiaria doutra subvención, axuda económica ou convenio doutra área do Concello de Bergondo ou de calquera outro organismo ou entidade dependente ou autónomo, correspondente ó exercicio económico de 2020, e para a mesma actividade, o importe total dos ingresos obtidos non poderá exceder do total dos gastos desa actividade.
  • Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias e coa seguridade social.
  • De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Bergondo.
  • Dispor de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos seus obxectivos.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extrato desta convocatoria que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, través do Sistema Nacional de Publicación de Subvenciones

O prazo estará aberto dende o 05/05/2021 ao 24/05/2021 (inclusive).

Nome: Subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o exercicio económico 2021.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Entidades sen fins de lucro.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Tasas/impostos: Non

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal