Sede electrónica Concello de Bergondo

09:21:12 Domingo 26 de xuño 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o exercicio económico 2022.

Non hai convocatorias abertas actualmente

O fin destas bases é establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais da veciñanza do concello de Bergondo.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 27 de maio ata o 15 de xuño.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As entidades que concorran á presente convocatoria deberán presentar os seguintes modelos normalizados:

  • Modelo 1: solicitude.
  • Modelo 2: designación de conta bancaria. Non será necesario adxuntalo se non sufriu modificacións.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 27 de maio ata o 15 de xuño.

 

FASE XUSTIFICACIÓN:  O prazo de presentación dos xustificantes rematará improrrogablemente o 30 de novembro de 2021. O correcto é 2022.

Nome: Subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o exercicio económico 2022.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Entidades públicas ou privadas.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Tasas/impostos: Non

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal