Sede electrónica Concello de Bergondo

12:01:45 Sábado 19 de setembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións para Deportistas Individuais 2020

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de Subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2020 xestionadas por este concello.

Prazo de presentación: do 19/08/2020 ao 08/09/2020.

Poderán solicitar subvencións os deportistas do Concello de Bergondo que, cumprindo ó prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan ademais os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado no Concello de Bergondo cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
  • Estar en posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no momento da solicitude.
  • Acreditar o nivel deportivo na especialidade, polo menos, correspondente ó ano anterior ó da solicitude.
  • Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións.
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
  • Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención, así como dispor de estrutura suficiente que garante o cumprimento dos seus obxectivos.
  • Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Bergondo, e con calquera outra administración.
  • De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Bergondo.

Prazo: do 19/08/2020 ao 08/09/2020.

  • VÍA TELEMÁTICA (vía preferente)

A través do botón "Iniciar Trámite". Xunto coa presentación telemática será necesario presentar a documentación debidamente cumprimentada que figura no apartado "Documentación".

  • VÍA PRESENCIAL (en papel). Hai dúas opcións:

- Opción 1. Con asesoramento previo por parte da área de Deportes do Concello de Bergondo. IMPORTANTE: soliticar cita previa por unha das seguintes vías, e acudir á cita coa documentación requerida (ver apartado "Documentación").

- por correo electrónico: cultura.deportes@bergondo.gal
- por teléfono 981 791 252 extensión 4.
- ou neste enlace

- Opcion 2. Sen asesoramento. Acudir directamente ó Rexistro Xeral coa documentación requerida (ver apartado "Documentación"). IMPORTANTE: soliticar cita previa:

- por correo electrónico: rexistro@bergondo.gal
- por teléfono: 981 791 252, extensión 9
- ou no enlace: enlace

  • Anexo I. SOLICITUDE. Se fai a solicitude pola vía telemática, lembre descargalo, e cubrilo, antes de anexalo.
  • Anexo II. ALTA DE DATOS DE TERCEIROS . So necesario se hai cambios respecto dos presentados con anterioridade. Se fai a solicitude pola vía telemática, lembre descargalo, e cubrilo, antes de anexalo.
  • Fotocopia do DNI e, no caso de ser necesario, documento que acredite a representación legal.
  • Fotocopia da licenza federativa do ano 2020.
  • Certificado acreditativo ou nº do DOG ou BOE da condición de deportistas de alto nivel galego ou nacional.
  • Certificado da federación de estar nalgún centro ou programa de tecnificación autonómico ou nacional no ano 2020.
  • Deberá presentarse un certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións/concentracións, datas e resultados acadados no ano 2019 e ou 2020.

Nome: Convocatoria de Subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2020.

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático (Ver documentación a presentar).

                                  Presencial (Descarga, cubre e imprime os documentos requeridos para a sú presentación)