Sede electrónica Concello de Bergondo

11:03:43 Mércores 18 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencóns para Deportistas Individuales 2019

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de Subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2019 xestionadas por este concello.

O prazo de presentación finaliza o 13/09/2019

Poderán solicitar subvencións os deportistas do Concello de Bergondo que, cumprindo ó prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan ademais os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado no Concello de Bergondo cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
  • Estar en posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no momento da solicitude.
  • Acreditar o nivel deportivo na especialidade, polo menos, correspondente ó ano anterior ó da solicitude.
  • Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións.
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
  • Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención, así como dispor de estrutura suficiente que garante o cumprimento dos seus obxectivos.
  • Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Bergondo, e con calquera outra administración.
  • De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Bergondo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite” adxuntando a información requerida. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Para a solicitude é necesario acompañar a seguinte información:

  • Anexo 1: SOLICITUDE, da subvención a deportistas individuais do Concello de Bergondo, ano 2019. Xunto coa seguinte documentación:
    • Fotocopia do DNI e, no caso de ser necesario, documento que acredite a representación legal.
    • Fotocopia de la licenza federativa do ano 2019.
    • Certificado acreditativo ou nº do DOG ou BOE da condición de deportistas de alto nivel galego ou nacional.
    • Certificado da federación de estar nalgún centro de tecnificación autonómico ou nacional no ano 2019.
    • Certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións /concentracións, datas e resultados acadados no ano 2018 e ou 2019.
  • Anexo 2: ALTA DE DATOS DE TERCEIROS. Se xa se presentou outros ano, non teñen que presentalo este ano, a non ser que haxa algún cambio.

Nome: CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE BERGONDO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2019.

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático (Ver documentación a presentar).

                                  Presencial (Descarga, cubre e imprime os documentos requeridos para a sú presentación)