Sede electrónica Concello de Bergondo

15:00:53 Domingo 25 de xullo 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións para Deportistas Individuais 2021

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de Subvención municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2021 xestionadas por este concello.

O prazo de presentación finaliza:

O prazo de xustificación finaliza o 30/11/2021.

Poderán solicitar subvencións os deportistas do Concello de Bergondo que, cumprindo ó prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan ademais os seguintes requisitos:

- Estar empadroado no Concello de Bergondo cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, no momento da solicitude.

- Estar en posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no momento da solicitude.

- Acreditar o nivel deportivo na especialidade, polo menos, correspondente ó ano anterior ó da solicitude.

- Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións

- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

- Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención, así como dispor de estrutura suficiente que garante o cumprimento dos seus obxectivos.

- Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Bergondo, e con calquera outra administración.

- De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Bergondo.

Prazo: 

  • VÍA TELEMÁTICA (vía preferente)

A través do botón "Iniciar Trámite". Na presentación telemática será necesario presentar a documentación debidamente cumplimentada que figura no apartado "Documentación".

  • VÍA PRESENCIAL (en papel). Hai dúas opcións:

- Opción 1. Con asesoramento previo por parte da área de Deportes do Concello de Bergondo. IMPORTANTE: solicitar cita previa por unha das seguintes vías, e acudir á cita coa documentación requerida (ver apartado "Documentación").

- por correo electrónico: cultura.deportes@bergondo.gal - por teléfono: 981 791 252 extensión 4. - ou nesta ligazón

- Opción 2. Sen asesoramento. Acudir directamente ao Rexistro Xeral coa documentación requerida (ver apartado "Documentación"). IMPORTANTE: solicitar cita previa por unha das seguintes vías:

- por correo electrónico: rexistro@bergondo.gal - por teléfono: 981 791 252, extensión 9 - ou neste ligazón

  • Anexo 1. SOLICITUDE. Si fai a solicitude pola vía telemática, lembre descargalo, e cubrilo, antes de anexalo.
  • Anexo 2. ALTA DE DATOS DE TERCEIROS. So necesario si haI cambios respecto dos presentados con anterioridade. Si fai a solicitude pola vía telemática, lembre descargarlo, e cubrilo, antes de anexalo.
  • Fotocopia do DNI y, no caso de ser necesario, documento que acredite a representación legal.
  • Fotocopia da licenza federativa do ano 2021.
  • Certificado acreditativo ou nº do DOG ou BOE da condición de deportistas de alto nivel galego ou nacional.
  • Certificado da federación de estar en algun centro ou programa de tecnificación autonómico ou nacional no ano 2021.
  • Deberá presentarse un certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións/concentracións, datas e resultados conseguidos no ano 2020 e ou 2021.

Tamén pode presentalo en calquera outro rexistro especificado en el articulo 16.4 de la Lei 39/2015 FORMULARIO DE SOLICITUDE.

Para a Xustificación (use o procedemento de achega de documentación):

Nome: Convocatoria de Subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2021.

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático (Ver documentación a presentar).

                                  Presencial (Descarga, cubre e imprime os documentos requeridos para a súa presentación)