Sede electrónica Concello de Bergondo

23:09:11 Domingo 5 de xullo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Artigo 7 do Regulamento de funcionamento e organización da Escola Infantil Municipal (BOP Número 132 Luns, 15 de xullo de 2019)

Requisitos

1.- Os pais-nais, titores ou representantes legais así como o menor obxecto da solicitude, deberán estar empadroados no termo municipal de Bergondo cun mínimo de seis meses con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes, excepto aqueles casos derivados de traslados de domicilio debidamente xustificados (motivos laborais, cambio de residencia, compra de vivenda, etc) e deberán manter o empadroamento de toda a unidade familiar así como a súa residencia real e efectiva durante o curso escolar.

En caso de que algún dos membros da unidade familiar obxecto da solicitude non estea empadroado no concello de Bergondo, a súa valoración formará parte do suposto seguinte (7.2).

2.- Tamén poderán acceder ós servizos da escola infantil municipal as persoas que, estando empadroados noutro concello, teñan os seus postos de traballo regular neste termo municipal, que acreditarán segundo o disposto no artigo 8, aínda que non serán obxecto de valoración agás no caso de que resultasen prazas vacantes no suposto anterior.

3.- En último caso, poderán solicitar pais/nais ou representantes legais de menores de concellos limítrofes aínda que non serán obxecto de valoración agás no caso de que resultasen prazas vacantes nos supostos 1 e 2 do presente artigo anteriormente mencionados.

Convocatoria Ordinaria: do 25 de maio ó 12 de xuño.

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, hai que pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo o MODELO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO e o ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS, debidamente cubertos, así como o resto de documentación requerida.

  • Forma presencial. Requírese cita previa chamando ós Servizos Sociais municipais (981-791252 ext 3) en horario de 9:00 a 15:00 h. Cubrir o formulario MODELO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO, e o ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS. Imprimir ambos e xuntar a documentación requerida.

 

  • MODELO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO
  • ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS
  • Libro de familia
  • DNI do pais/nai/ representante legal
  • Volante de empadroamento do Concello de Bergondo (no caso de non autorizar a consulta)
  • Certificado de empresa que xustifique o posto de traballo no termo municipal de Bergondo.
  • Volante de empadroamento doutros concellos se fose o caso

 

Documentación que xustifica a situación sociofamiliar

  • Sentencia de separación ou divorcio (válido achegar demanda onde se recolla o selo de entrada da demanda no xulgado,sempre e cando á hora de formalizar a matrícula se presente na escola o convenio regulador).
  • Certificado de convivencia que será tramitado polo Concello (no caso de familias monoparentais)
  • Certificado de familia monoparental expedido pola Xunta de Galicia.
  • En caso de ruptura de parella de feitos con fillos: sentencia sobre medidas paterno filiais onde se recollen as mesmas medidas que se ditan con fillos/as no caso de rupturas matrimoniais ou no seu defecto o convenio regulador.
  • No caso de fillos/as non recoñecidos o libro de familia será a proba de monoparentalidade.
  • Para pais/nais de acollida documento que xustifique o acollemento do menor
  • No caso de discapacidades ou enfermidades dos membros da unidade familiar certificado expedido polo órgano competente ou informes médicos que xustifiquen enfermidades crónicas.(no caso de non autorizar a consulta)
  • Libro de familia numerosa
  • Verificación da asistencia doutros irmáns no centro que será tramitado polo Concello.
  • No caso de nenos/as con discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais, certificado expedido polo organismo competente (no caso de non autorizar a consulta)
  • No caso de nenos/nenas con necesidade específica de apoio educativo ou integración, o informe do equipo de valoración e orientación da delegación territorial.
  • Orde de protección ou da medida cautelar, ou tamén sentencia de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Diario oficial de Galicia nº 152, do 7 de agosto). 

Documentación que xustifica a situación socioeconómica e laboral da unidade familiar:

  • Certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego na que conste data da antigüidade
  • Informe de vida laboral actualizado
  • No caso de persoas que presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas deberán presentar copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen declaración do IRPF. En caso de declaracións individuais certificado de última declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar . (Ano 2018)
  • No caso de persoas que non presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas:
    • As persoas solicitantes da devolución rápida, presentarán copia da comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
    • As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan a devolución rápida presentarán certificación dos datos existentes na Administración Tributaria, que en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, de 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes, expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a custodia.

En caso de que a custodia sexa compartida presentarase a renda dos dous pais.

Aqueloutros documentos, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais que se puntuen no baremo e/ou informe dos servizos sociais nos que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.