Sede electrónica Concello de Bergondo

04:58:48 Venres 22 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de información urbanística

O procedemento "solicitude de información urbanística" ten por obxecto regular a obtención de:

  • información sobre a situación ou cualificación urbanística dun inmoble ou edificio.
  • información sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada.
  • copias de documentación de expedientes urbanísticos.
  • información de diversa índole, como consulta de numeración de edificios, informe sobre tramitación de exptes. urbanísticos, etc...

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de información urbanística.
  • Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística (formato pdf).
  • Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, (elaborado por técnico competente segundo LOEA e visado polo colexio profesional) se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións existentes, nos casos pertinentes.
  • Referencia catastral da leira ou inmoble obxecto das actuacións.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente. (ver)

Nome: Solicitude de Información Urbanística.

Unidade tramitadora: Departamento de Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Técnico Urbanismo.

Prazo máximo notificación resolución: 3 meses.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.