Sede electrónica Concello de Bergondo

08:17:23 Domingo 5 de decembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude inscrición na convocatoria de axudas extraordinarias de apoio ás familias para a adquisición de material informático

Non hai convocatorias abertas actualmente

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas que contribúan a minimizar o impacto económico e social da COVID- 19 nas familias máis vulnerables corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías e ao material dixital imprescindible para que o alumnado bergondés poida desenvolver a súa formación e aprendizaxe on-line.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de forma telemática a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00 a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

O prazo estará aberto dende o 28 de setembro ata o 19 de outubro (ambos os dous incluídos)

  • Solicitude: Anexo I.
  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa que solicite en nome do/da alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2020 de todas as persoas maiores de 18 anos da unidade de convivencia.
  • De ser o caso, xustificación de estar afectado/a por un ERTE ou, no caso de autónomos, xustificante de cese de actividade ou redución de ingresos en máis dun 75%.
  • Certificado de conta bancaria da que a persoa solicitante sexa titular.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento colectivo.
  • De non autorizar á consulta, ou no caso de estar matriculado fora do Termo municipal de Bergondo, xustificante acreditativo de estar matriculado nalgún centro escolar sostido con fondos públicos.
  • De ser o caso, a factura xustificativa da subvención: estarán datadas no período subvencionable e conterán o selo de pagado ou xustificación  documental que acredite o pago.
  • Calquera outra documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos.

Nome: Solicitude inscrición na convocatoria de axudas extraordinarias de apoio ás familias para a adquisición de material informático.

Unidade tramitadora: Ensino.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial