É obxecto da presente convocatoria regular o programa de préstamo de libros de texto do Concello de Bergondo para o curso escolar 2022-2023.
A finalidade deste programa é colaborar coas familias do municipio no esforzo económico que o comezo do curso ocasiona. Neste sentido, o concello complementará os libros que non deixe en préstamo a Xunta.
Será de aplicación nos seguintes cursos:
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 7 de xuño ata o 8 de xullo.
Poderán acollerse os/as estudantes que cursen os estudos no CPI Cruz de Sar ou no CRA de Bergondo que, no momento da solicitude, estean empadroados/as no Concello de Bergondo e teñan a intención de continuar estando ao longo do curso.
O prazo para presentar solicitudes empezará a contar dende o día seguinte á publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e ata o 8 de xullo
As solicitudes presentaranse por unha das seguintes vías:
1º) Cubrindo o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/1JyBoohLOArrKNdcRg_HOGw_RP74iAXxWu0QuIdgt25w/edit
2º) Ou presentando o modelo de solicitude a través da Sede electrónica municipal, ou, opcionalmente no rexistro xeral do concello de Bergondo a través de cita previa, que se poderá solicitar na seguinte ligazón (https://sede.bergondo.gal/gl/cita/index.html)
Opcionalmente no número 981 791 252 (ext.2)
A documentación a presentar será a seguinte:
Nome: Solicitude do programa de préstamo de Libros de Texto curso 2022-23.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoas físicas.
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.
Taxas/impostos: Non
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Máis información: leticia.rey@bergondo.gal