Sede electrónica Concello de Bergondo

14:23:22 Mércores 28 de setembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2022-23)

É obxecto da presente convocatoria favorecer o acceso ós centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder ós mesmos.

O prazo de presentación das solicitudes: do 9 de agosto ata o 14 de outubro

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica ou, opcionalmente no rexistro xeral do concello de Bergondo a través de cita previa, que se poderá solicitar:

O prazo de presentación das solicitudes: do 9 de agosto ata o 14 de outubro

Preferiblemente cubrindo o formulario de atención presencial con cita previa na páxina web (https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/cita/index.html)

Opcionalmente no número 981 791 252 (ext.2)

- ANEXO I: Solicitude. Que incluirá declaración responsable de:

  • Ser certos os datos que figuran na presente solicitude e, no seu caso, a documentación que se xunta, e que esta última é fiel copia dos orixinais.
  • A veracidade dos datos bancarios.
  • Coñecer e aceptar e comprometerse ao cumprimento das bases reguladoras e a convocatoria da axuda así como cumprir os requisitos esixidos na mesma.
  • Non percibir ningunha outra axuda económica para o mesmo fin, que cubra na súa totalidade os gastos de desprazamento.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obriga por reintegro de subvencións, e autorizar ao concello de Bergondo para que realice as comprobacións oportunas durante o período que dure o proceso.

No caso de que sexa necesario, haberá que presentar a acreditación da representación mediante o modelo ANEXO II.

  • Fotocopia do DNI. No caso de presentala en convocatorias anteriores, se non se modificou a mesma, non será necesaria a súa presentación.
  • Fotocopia do certificado do número de conta bancaria.

No caso de presentala en convocatorias anteriores, se non se modificou a mesma, non será necesaria a súa presentación.

  • O número de conta non deberá cancelarse nin modificar a súa titularidade ata que non se perciba o importe da axuda.
  • O número de conta deberá ser do estudante. No caso de que o estudante non dispoña dela poderá poñerse a do pai, nai ou representante legal; entendendo que o estudante autoriza (se este fóra maior de idade) ao concello a realizar o ingreso nesa conta.
  • Certificado ou acreditación de estar matriculado/a no actual curso académico. Preferiblemente este documento será expedido polo centro de estudos correspondente. No caso contrario, admitirase fotocopia do resgardo da matrícula e do pago das taxas correspondentes.

Esta documentación non será necesaria para os/as matriculados/as na escola infantil municipal de Bergondo.

Nome: Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2022-23)

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                  Presencial

                                  Máis información: leticia.rey@bergondo.gal