Sede electrónica Concello de Bergondo

10:09:26 Sábado 22 de xaneiro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas para o programa de axudas para a reactivación económica do concello de Bergondo 2021

O obxecto destas bases é regular as axudas a conceder polo Concello de Bergondo coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no seu termo municipal e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.

As solicitudes se presentarán exclusivamente por vía telemática, a través da Sede Electrónica do Concello de Bergondo, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na Sede.

Para a presentación da solicitude por medio electrónicos, é necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.


O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a contar dende o día seguinte a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

  • Solicitude.
  • Declaración responsable.
  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda. (non necesario se a presentación é telemática en nome propio)
  • Designación de conta bancaria.
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria aos efectos de determinar a data de inicio da actividade.
  • Certificado actualizado de Vida Laboral, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Nome: Solicitude de axudas para o programa de axudas para a reactivación económica do concello de Bergondo 2021

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial