Sede electrónica Concello de Bergondo

13:47:59 Domingo 25 de xullo 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas extraordinarias municipais de apoio ao pagamento da vivenda habitual

Non hai convocatorias abertas actualmente

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas ao pagamento da vivenda habitual, mediante adxudicación directa ás persoas inquilinas dun contrato de alugamento ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello de Bergondo coa finalidade de contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID- 19 nas familias máis vulnerables.

O prazo estará aberto ata o 22 de xullo do 2021

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina dun contrato de alugamento ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello de Bergondo.
c) Que a vivenda constitúa a súa residencia habitual, así como da súa unidade de convivencia. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes deben constar empadroadas na vivenda cunha antigüidade mínima de seis meses.
d) Estar en situación de vulnerabilidade económica considerando isto cando o conxunto dos ingresos do ano 2020 dos membros da unidade de convivencia non superen, con carácter xeral 2 anualidades do IPREM vixente (13.557,6€)

Este límite ampliarase a 3 anualidades do IPREM vixente (20.336,4€) no caso de grupos de familias de especial consideración: familias numerosas, familias monoparentais, familias con persoas maiores ao cargo, familias con persoas con discapacidade ao cargo, familias acolledoras e familias vítimas de violencia de xénero.

Contía, duración e finalidade das axudas.
1. A contía desta axuda será de ata 300 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder do importe da renda do contrato ou da mensualidade do préstamo hipotecario.

2. A axuda concederase durante un período máximo de tres meses, podendo ter efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro do 2021.

A prioridade de concesión de mensualidades determinarase en función do menor resultado de aplicar a seguinte fórmula: ingresos da unidade de convivencia / contía límite de ingresos da unidade de convivencia.

3. As axudas teñen un carácter finalista e van destinadas a facilitar medios para facer fronte ás consecuencias da crise provocada pola COVID-19 e a paliar o seu impacto económico e social sobre as familias en situación de vulnerabilidade.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00 a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

O prazo estará aberto ata o 22 de xullo do 2021

  • Solicitude (Anexo I)
  • Fotocopia do D.N.I. da persoa que presenta a solicitude e figura como titular do contrato de alugamento ou do préstamo hipotecario.
  • Fotocopia do contrato de alugamento ou fotocopia do préstamo hipotecario segundo o caso.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2020, ou xustificante de ingresos da unidade de convivencia referidos a ese ano.
  • Certificado de conta bancaria da que a persoa solicitante sexa titular.
  • Xustificación bancaria do pagamento do alugueiro ou o préstamo hipotecario referido ás mensualidades para as que se solicita a axuda. No caso de que o xustificante sexa un recibo deberán constar, como mínimo, os seguintes datos; datos identificadores da persoa arrendadora, datos identificadores da persoa inquilina, identificación da vivenda, contía abonada, mes ao que se refire o pagamento e referencia expresa a que a mensualidade está pagada.
  • De ser o caso, xustificación de estar afectado/a por un ERTE ou, no caso de autónomos, xustificante de cese de actividade ou redución de ingresos en máis dun 75%.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento colectivo.
  • Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra integrante da súa unidade de convivencia é propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España no caso de solicitar a axuda ao alugamento e dunha segunda vivenda no caso de optar pola axuda ao préstamo hipotecario.
  • Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra integrante da súa unidade de convivencia ten parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda.
  • Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.

Calquera outra documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos.

Nome: Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas extraordinarias municipais de apoio ao pagamento da vivenda habitual.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial