Sede electrónica Concello de Bergondo

19:18:15 Xoves 5 de agosto 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2021-2022

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto desta convocatoria regular as axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo, que consisten na subvención de libros e/ou parte do material escolar, para o curso 2021-2022, a familias que se atopen nunhas condicións económicas e sociais desfavorables do termo municipal de Bergondo.

O prazo estará aberto ata o 8 de xullo do 2021

Os/as estudantes empadroados no Concello de Bergondo que durante o curso 2021-2022, cursen estudios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino Público do termo municipal de Bergondo e que os ingresos das súas unidades familiares non superen as cantidades que se recollen na táboa da base terceira da presente convocatoria.

As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00 a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

O prazo estará aberto ata o 8 de xullo do 2021

  • Solicitude (Anexo I)
  • Fotocopia do D.N.I. do membro da familia que solicite en nome do/da alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2019, ou xustificante de non tela presentado, cando en virtude da lexislación vixente non se estea obrigado/a facela.
  • De ser o caso, acreditación de estar afectado/a por un ERTE ou, no caso de autónomos, xustificante de cese de actividade ou redución de ingresos en máis dun 75%.
  • De non autorizar á consulta, xustificante de empadroamento.
  • De non autorizar á consulta, xustificante acreditativo de estar matriculado nalgún dos centros públicos do termo municipal.

Nome: Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2021-2022.

Unidade tramitadora: Ensino.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial