Sede electrónica Concello de Bergondo

09:37:49 Domingo 26 de xuño 2022
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para a Contratación de unha praza de Albanel (Oficial de 2ª) PEL 2022 durante 5 meses

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, dunha praza de Albanel (oficial de 2ª) ao abeiro do Programa de axudas á contratación de persoal para a execución de de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local.

O prazo de presentación de solicitudes será do 3 ao 11 de maio.

  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (non necesario en solicitudes telemáticas en nome propio).
  • Fotocopia do título esixido no apartado C.
  • Documentos que acrediten o cumprimento das situacións previstas no artigo 2.1 da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as Bases do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia de a Coruña de menos de 20.000 habitantes, PEL Concellos Reactiva 2022 do seguinte xeito:

    Mulleres e persoas maiores de 45 anos

    Fotocopia de DNI

    Persoas desempregadas de longa duración

    Informe de Vida Laboral actualizado

    Persoas con discapacidade

    Fotocopia do certificado de discapacidade

    Persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego, persoas em fogar monoparental/monomarental, persoas con problemas para atopar un emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas víctimas de violencia de xénero e persoas sen fogar.

    Informe do servizos sociais municipais

Nome: Convocatoria para a Contratación de unha praza de Albanel (Oficial de 2ª) PEL 2022.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.