Sede electrónica Concello de Bergondo

23:56:43 Venres 14 de maio 2021
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para a Contratación de unha praza de Albanel (Oficial de 2ª)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, unha praza de Albanel (Oficial de 2ª) ao abeiro do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia de A Coruña de menos de 20.000 habitantes, PEL Concellos Reactiva 2021.

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

a) Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

b) Cumplir algún dos seguintes requisitos:
-Muller.
-Persoas maiores de 45 anos.
-Persoas desempregadas de longa duración. (mínimo de dous anos como demandantes de
emprego.)
-Persoas discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.
-Persoas en situación de drogodependencia.
-Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.
-Persoas en fogar monoparental/monomarental.
-Persoas con problemas para atopar un emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
-Persoas víctimas de violencia de xénero.
-Persoas sen fogar.

c) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentaren instancias.

d) Posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certifica ción. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia seprecisan adaptación para as probas.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhablitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.

f) Ser candidato/a remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a correspondente Oferta de Emprego presentada na Oficina do SPE de Betanzos. En todo caso as persoas a contratar deberán atoparse nalgunha das situacións previstas no artigo 2.1 da Resolución 2020/42100 da Deputación da Coruña pola que se aproban as Bases do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia de a Coruña de menos de 20.000 habitantes para o ano 2021 cofinanciado pola Deputación da Coruña.
IMPRESCINDIBLE!!!

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.
  • Forma presencial. Requírese cita previa no Rexistro Xeral do Concello, ou en calquera dos lugares establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación é de sete (7) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica municipal: https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/informacion/
Debido ó breve cómputo do prazo para a presentación de instancias, nos casos das solicitudes presentadas nos Rexistros doutras administracións públicas que non dispoñan do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), os interesados deberán comunicar este feito ó Concello de Bergondo por correo electrónico (emprego@bergondo.gal) dentro do prazo  anteriormente sinalado.

  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (non necesario en solicitudes telemáticas en nome propio).
  • Fotocopia do título esixido no apartado C.
  • Documentos que acrediten o cumprimento das situacións previstas no artigo 2.1 da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as Bases do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais nos concellos da provincia de a Coruña de menos de 20.000 habitantes, PEL Concellos Reactiva 2021 do seguinte xeito:
    • Mulleres e persoas maiores de 45 anos: Fotocopia de DNI.
    • Persoas desempregadas de longa duración: Informe de Vida Laboral actualizado.
    • Persoas con discapacidade: Fotocopia do certificado de discapacidade
    • Persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde
      ningunha teña emprego, persoas em fogar monoparental/monomarental, persoas con
      problemas para atopar un emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas
      víctimas de violencia de xénero e persoas sen fogar: Informe do servizos sociais
      municipais.

Nome: Convocatoria para a Contratación de unha praza de Albanel (Oficial de 2ª).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.