Sede electrónica Concello de Bergondo

06:07:58 Mércores 12 de maio 2021
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria pública para o acceso a unha praza de operario de servizos varios - tractorista (OEP 2020)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é a selección por concurso-oposición libre dunha praza de operario de servicios varios-tractorista (persoal laboral) incluida na Oferta de Emprego Público de 2020.

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente, ademais, consonte co disposto no artigo 57 do TRLEBEP, tamén poderán participar os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe – sempre que non estean separados de dereito – menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais do posto ao que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

c) Ter cumpridos dezaséis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non atoparse separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións semellantes ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado.

e) Estar en posesión ou en condición de obtela na data de terminación do prazo de presentación de instancias da titulación de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada.

f) Os demais requisitos especiais que se establezan, de ser o caso, nas bases específicas. (BOP núm. 49 do 15.03.2021)

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.
  • Forma presencial. Requírese cita previa no Rexistro Xeral do Concello, ou en calquera dos lugares establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación é de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE núm. 87 do 12.04.2021).

  • Anexo I. Se a presentación faise de forma telemática, este Anexo I presentarase como documentación adxunta, debidamente asinado. Se a presentación faise de forma presencial, este Anexo I equivale á solicitude.
  • Fotocopia do DNI ou documento equivalente. (non necesario en presentacións telemáticas en nome propio).
  • Fotocopia da titulación requirida.
  • Fotocopia do permiso de conducir da clase 'B'.
  • Fotocopia do certificado CELGA nivel 3 ou equivalente.
  • Fotocopia da documentación acreditativa dos méritos alegados na fase de concurso segundo se indica nos apartados A.1, A.2 e A.3 da base 8ª destas específicas. Os méritos non acreditados xunto coa solicitude non será tidos en conta na valoración da fase de concurso
  • Xustificante acreditativo do pagamento dos dereitos de exame (14,00 euros) na conta bancaria do Concello núm. ES95/2080/0045/98/31100000/71 . (Concepto: proceso selección operario tractorista). Autoliquidación

En todo caso, no documento acreditativo do ingreso dos dereitos de exame deberán figurar nome, apelidos e DNI do/da aspirante, e a praza á que concorre a persoa interesada.

Nome: Convocatoria para a selección por oposición libre dunha praza de operario de servizos varios-tractorista (persoal laboral) incluida na Oferta de Emprego Público de 2020.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.