Sede electrónica Concello de Bergondo

10:00:45 Domingo 26 de xuño 2022
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para a Contratación de un peón (Aprol Rural)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, unha praza de peón/na durante nove meses de acordo coa subvención concedida ao abeiro da Orde de 7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2022.

Prazo para a presentación de instancias: do 18 ao 24 de Maio.

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.

        Prazo para a presentación de instancias: do 18 ao 24 de Maio.

  • Forma presencial. Requírese CITA PREVIA chamando á oficina de Emprego e Desenvolvemento local (981-791252 ext 2) en horario de 9:00 a 14:30 h. Cubrir o formulario de SOLICITUDE, imprimir e xuntar a documentación requerida.
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.
  • Fotocopia dos título esixido no apartado C.
  • Documentos xustificativos dos méritos que se aleguen para o concurso.

Valoraranse os seguintes méritos:

A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 6 puntos.

Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada coa categoría de Peón/na (xardinería, carpintería, albanelería, limpeza de praias ou forestal): 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos, ou como se sinala a continuación para a empresa privada; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

A.2 Cursos, ata un máximo de 5 puntos:

De formación:

- Cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por unha Administración Pública ou entidade pública ou homologadas por elas:

– De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.
– De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.
– De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.

Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.

A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 5 puntos.

A acreditación dos cursos efectuarase mediante copia dos correspondentes certificados ou diplomas expedidos por calquera Administración Pública ou entidades públicas ou homologadas por elas. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas.

 

Nome: Convocatoria para a Contratación de 1 peón (Aprol Rural).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.