Sede electrónica Concello de Bergondo

22:28:00 Domingo 5 de xullo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para a Contratación de 6 prazas de socorristas durante dous meses (Programas de Cooperación)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, seis prazas de socorristas durante dous meses.

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

  1. Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
  2. Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  3. Estar en posesión do Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentaren instancias.
  4. Estar en posesión da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (Categoría: Espazos acuáticos naturais). Calquera outra titulación recollida no artigo 6 do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia modificado polo Decreto 35/2017, de 30 de marzo polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
  5. Posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
  6. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhablitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.
  7. Ser desempregado/a candidato/a remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a correspondente Oferta de Emprego presentada na Oficina do SPE de Betanzos. En todo caso, deberán de cumpririse os requisitos esixidos no artigo 14 da Orde de 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais para o ano 2020.

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.
  • Forma presencial. Requírese cita previa chamando á oficina de Emprego e Desenvolvemento local (981-791252 ext 3) en horario de 9:00 a 14:30 h. Cubrir o formulario de SOLICITUDE, imprimir e xuntar a documentación requerida.
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.
  • Fotocopia dos título esixido no apartado C e D anteriores.
  • Documentos xustificativos dos méritos que se aleguen para o concurso.

A.1. Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 6 puntos.

Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada como socorrista: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

 

A.2 Cursos, ata un máximo de 5 puntos:

 a) Cursos de galego:

– Celga 3 (curso de Iniciación da Lingua Galega): 0,25 puntos.
– Celga 4 (curso de Perfeccionamento da Lingua Galega): 0,50 puntos

Só se avaliará o de nivel máis alto dos alegados.

b) De formación: cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por unha administración ou entidade pública ou homologadas por elas:

– De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.
– De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.
– De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.

Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.

A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 5 puntos.

A acreditación da realización dos cursos de galego farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación, e a dos demais cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por esta. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas senón se xustifica a homologación sinalada.

Nome: Convocatoria para a Contratación de 6 prazas de socorristas durante dous meses (Programas de Cooperación).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.