Sede electrónica Concello de Bergondo

22:58:28 Martes 27 de setembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para cubrir 5 prazas de socorristas (progr. cooperacion)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, 5 prazas de socorristas durante dous meses.

Prazo para a presentación de instancias: do 16 ao 21 de xuño (ámbolos incluídos).

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e xuntar ó mesmo a documentación requerida.

        Prazo para a presentación de instancias: do 16 ao 21 de xuño (ámbolos incluídos).

  • Forma presencial. Requírese cita previa chamando á oficina de Rexistro (981-791252 ext 2) en horario de 9:00 a 14:45 h. Cubrir o formulario de SOLICITUDE, imprimir e xuntar a documentación requerida.
  • Modelo Solicitude de Socorrista (progr. cooperación).
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (non necesario en presentacións telemáticas en nome propio)
  • Fotocopia dos título esixido no apartado c) e d) anteriores.
  • Documentos xustificativos dos méritos que se aleguen para o concurso.

Valoraranse os seguintes méritos para socorrista:

A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados: ata un máximo de 6 puntos.

Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada como socorrista: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

A.2 Cursos: ata un máximo de 5 puntos:

a) Cursos de galego:

– Celga 3 (curso de Iniciación da Lingua Galega): 0,25 puntos.

– Celga 4 (curso de perfeccionamento da Lingua Galega): 0,50 puntos

Só se avaliará o de nivel máis alto dos alegados.

b) De formación: cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por unha administración ou entidade pública ou homologadas por elas:

– De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.

– De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.

– De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.

– Curso de Desfibrilador Semiautomático (DESA) en vigor: 1 punto.

Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.

A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 5 puntos.

A acreditación da realización dos cursos de galego farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación, e a dos demais cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por esta. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas senón se xustifica a homologación sinalada.

Nome: Convocatoria para cubrir mediante concurso, 5 prazas de socorristas (programas cooperación) durante dous meses.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.